Choose your language
Partner
O programa de Opentrad partner está creado para empresas consultoras, desenvolvedoras de software, integradoras de solucións e de xestión de contidos que queiran integrar nas súas aplicacións solucións de tradución automática proporcionando un maior valor aos seus clientes.
Quen pode ser membro do programa?
Empresas do sector TIC: consultoras, desenvolvedoras de software e empresas de xestión de contidos.
A solución sinxela a un problema complexo
Mediante un simple servizo web poderá integrar as funcionalidades do tradutor automático nas súas aplicacións. fornecemos o código e o soporte necesario para comunicar e integrar a súa aplicación co servidor de tradución.
- Formatos: txt, html, xml, doc e odt.
- Idiomas: español, galego, catalán, portugués, francés e inglés.
Valor para os clientes, valor para ti
Forneza maior valor aos seus desenvolvementos e produtos integrando ferramentas de tradución automática que permitan os seus clientes aumentaren a súa produtividade e minimizaren os custos dos procesos derivados dunha xestión multilingüe.
Destaque no mercado ofrecendo solucións de valor engadido, asociando a súa marca a produtos innovadores, destacando sobre a competencia.
Reduza os custos derivados da xestión de contidos multilingües.
Apúntese a OpentradPartner e aprovéitese do poder da tradución automática.
Ademais como membro partner poderá utilizar Opentrad beneficiándose de importantes descontos .

Será o superheroe dos seus clientes
Programa OpentradPartner, tradución automática ao seu servizo

