Choose your language
TA?
Que é a tradución automática?
Chámase tradución automática (TA) aos sistemas informáticos que traducen dun idioma para outro sen requirir a intervención humana durante o proceso.
Para que é útil a tradución automática?
Para poder xerar documentación a diferentes idiomas de maneira rápida.
Para ter a nosa web en moitos idiomas en tempo real.
Para preocuparse máis pola elaboración de contidos que polos idiomas.
Para internacionalizar as nosas empresas e administracións.
Para comunicarse mellor cos nosos clientes.
Para adaptarse mellor aos mercados locais.
Algúns exemplos
- Editora. Editoras que elaboran libros de texto e manuais en diferentes idiomas utilizan Opentrad para produciren esas versións.
- Medios de comunicación. Varios diarios utilizan Opentrad para publicaren as súas edicións dixitais en galego.
- Turismo. Axencias de turismo utilizan Opentrad para xestionaren as súas páxinas web multilingües.
- Administración pública. Administracións públicas utilizan Opentrad para atenderen os cidadáns de maneira bilingüe.
- Internacionalización. Empresas con sedes en territorios con diferentes linguas utilizan Opentrad na súa comunicación interna.
- Tradución. Empresas de tradución utilizan Opentrad para reduciren tempos de entrega e custos nas traducións.

"Puidemos acceder a outros mercados grazas á tradución automática"
Outros tradutores automáticos non contemplaban a terminoloxía propia da nosa empresa. A personalización e adaptación de Opentrad ás nosas necesidades posibilitou a internacionalización da nosa empresa.
Opentrad, calidade e personalización

