GL | ES | CA | EU | EN | PT | FR

imaxin|software no congreso CILC10

27/05/2010

Nova: imaxin|software no congreso CILC10

O pasado 14 de Maio de 2010, imaxin|software presentou no II Congreso Internacional de Lingüística de Corpus (CILC10), celebrado na Coruña entre os días 13 e 15 de maio de 2010, unha comunicación explicando a estratexia empregada para construír un corpus paralelo inglés-galego partindo dun corpus inglés-portugués. Este corpus serviu de base para a construción dun prototipo de tradutor automático estatístico inglés-galego, chamado Carvalho, que en breve será presentado publicamente.

invasión