GL | ES | CA | EU | EN | PT | FR

Eleka anuncia a posta en marcha do servizo ItzulpenFlow.

02/02/2010

Nova: Eleka anuncia a posta en marcha do servizo ItzulpenFlow.

A empresa Eleka Ingeniaritza Linguistikoa desenvolveu a aplicación ItzulpenFlow (www.itzulpenflow.com) . Esta aplicación está especialmente dirixida aos servizos de tradución, ás microempresas do mundo da tradución e aos tradutores freelance.

ItzulpenFlow é unha aplicación que xestiona todo o fluxo de traballo do proceso de tradución. Está especialmente dirixida ás microempresas do mundo da tradución e aos tradutores freelance, aínda que tamén pode ser utilizado polas pequenas e medianas empresas. A ferramenta ItzulpenFlow facilita ao usuario a xestión de todas as tarefas desde que recibe a encomenda até que a envía, e poderá observar dunha soa ollada o estado de todo o proceso de tradución: a lista de clientes, a creación de orzamentos, os prazos, a cantidade de palabras…, é dicir, o estado do fluxo de traballo.

ItzulpenFlow é un servizo web, polo que é suficiente co navegador web para poder xestionalo todo, sen necesidade de ter que instalar nada no seu propio computador.

 

invasión