GL | ES | CA | EU | EN | PT | FR

Presentación de Opentrad en SIMO Network

17/09/2009

Nova: Presentación de Opentrad en SIMO Network

O Consorcio de Tradución automática Opentrad quere aproveitar que SIMO Network reabre as súas portas para dar a coñecer a nova páxina web da plataforma de tradución automática en código aberto de maior crecemento de Europa.

Ademais dunha imaxe renovada, as empresas do Consorcio, Eleka Ingeniaritza Linguistikoa S.L e imaxin|software, presentarán as novidades tecnolóxicas e lingüísticas que ofrece a versión máis recente do tradutor automático. Estas innovacións comprenden novos pares de idiomas e ferramentas que amplían a funcionalidade e facilidade de integración de Opentrad.

Espazo de Opentrad en SIMO 2009: Pavillón_9 | Caseta_9A28

Unha cita coa innovación que non podes perder se queres descubrir como Opentrad pode axudar a mellorar a produtividade da túa empresa.

invasión